AGaSEX Asociación Galega para a Saúde sEXual  


1.¿Quen somos?

2.Os nosos principios

3.Os nosos obxetivos

4.Actividades educativas

5.Asesorías

6.Contacta con nós

7.Zona de descarga

8.Novas

 

 

1. ¿Quen somos?

A Asociación Galega para a Saúde Sexual (AGaSEX) é una entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 2004 na Coruña para retomar o traballo que viña desenvolvendo dende o ano 1991 a Asociación Galega de Planeamento Familiar e Educación Sexual.

Dende AGaSEX, facemos actuacións sociais e de incidencia educativa encamiñadas a que tanto a Igualdade (de Xéneros e de Diversidades Sexuais) como á Saúde e os Dereitos Sexuais e Dereitos Reproductivos, sexan unha realidade dentro da nosa Comunidade Autónoma pero tamén fora dela, xa que formamos parte da Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE) e da Federación Internacional de Planificación Familiar (IPPF), rede que agrupa a ONGs de mais de 170 países.

O noso traballo levámolo a cabo por medio de atencións e asesorías telefónicas e presenciais (no Centro de Atención ás Sexualidades), dos nosos correos electrónicos e tamén por medio de intervencións socio-educativas, moitas veces en colaboración con outras asociacións, entidades e organizacións locais, autonómicas e do resto do Estado.
 
<a data-cke-saved-href="index.html" href="index.html" style="text-decoration:none;" title="'Escoller lingua